Un avó especial

Un avó especial

“Un avó especial” é un espectáculo destinado a público familiar no que se aborda o tema da enfermidade do Alzheimer co obxectivo de axudarlles ós rapaces a comprender situacións que moitos deles poden vivir no seu contorno familiar.

Malia a seriedade do tema que trata ten un enfoque humorístico que persegue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da enfermidade e amosar a importancia que teñen os/as nenos/as para que os maiores vivan momentos felices.

Á parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as vellos/as en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia.

Así mesmo, os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo.

Ditos tradicionais, lerias e enredos son un elemento máis da obra.

Idioma: versión en galego e español.

Guión e dirección: MARÍA CAMPOS e CARLOS YUS.

Elenco

  • Avó: Carlos Yus
  • Rosiña e avoa: María Campos
  • Escenografía: Migallas
  • Maquillaxe: Begoña e Ánxela Paz
  • Atrezo: Alba Tamara
  • Deseño de iluminación: Migallas
  • Técnica de luz e son: Alba Tamara
  • Vestiario: Celsa Cabaleiro
  • Fotografías: Mary Print
  • Duración: 1 hora
  • Tempo de montaxe: 2 horas e 30 minutos
  • Tempo de desmontaxe: 1 hora
  • Medidas do escenario:
    • Ancho: 6 m
    • Altura ata o teito: 3,5 m
    • Fondo: 4 m
    • Potencia eléctrica: 10.000 W

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.