Migallas Teatro

Pretendemos facer un teatro comprensible, crítico e entretido para todos e todas bebendo da tradición do pobo e da vida cotiá e cunha visión universal das situacións humanas máis próximas.

Nos nosos espectáculos tratamos pois temas de todos os días a través de personaxes inspirados na realidade, pero cun aquel de ficción.

TRAXECTORIA

Migallas

0

Representacións

0

Nenos nos talleres

0

Actuacións/ano

0

Desde

Dende o ano 1996 temos realizado unha media de 70 representacións por ano o que suma máis de 1500 actuacións como compañía profesional.

Ademais da montaxe de espectáculos teatrais e de contacontos levamos a cabo talleres de expresión dramática a través de concellos, asociacións e colexios de diversos municipios como Vilaboa, Soutomaior, Tomiño etc.

Na cidade de Pontevedra coordinamos desde o ano 1998 os obradoiros de expresión dramática, plástica e musical “Á procura do tesouro” que organiza cada ano o Concello de Pontevedra e polo que xa pasaron máis de 2000 rapaces e rapazas de entre 4 e 14 anos.

Por outra banda, nos anos 2002 e 2003 Migallas Teatro creou e escenificou o espectáculo da Cerimonia de Apertura da Feira Franca de Pontevedra e no ano 2004, o espectáculo ó aire libre Os Irmandiños no que participaron 40 persoas.

Tamén realizamos visitas culturais teatralizadas polo Centro Histórico de Pontevedra coa creación de varios espectáculos: A Boa Vila dende o Camiño Xacobeo e Paseo máxico pola Boa Vila.

Gravamos os discos “¡Canta connosco!”, “Zaragallada”, “Pan de millo” e editamos o libro “Un avó especial”.

2016 – Reeditamos o disco “Canta Connosco!”
2015 – Gravamos o disco “Zaragallada”
2013 – Gravamos o disco “Pan de millo”
2011 – Publicamos o libro “Un avó especial”
2002 e 2003 – Creamos e escenificamos a Cerimonia de Apertura da Feira Franca
1998 – Comezamos cos talleres “Á procura do tesouro”
1996 – Gravamos o disco “Canta Connosco!”
1996 – Convertémonos en compañía profesional
1992 – Creamos a compañía

Espectáculos

Tratamos temas de todos os días a través de personaxes inspirados na realidade, pero cun aquel de ficción. Ver máis

Discos e libros

Disco Canta Connosco!, Disco Zaragallada, Libro-disco Pan de millo, Libro Un avó especial. Ver máis

Cursos e talleres

Levamos a cabo Talleres de Expresión Dramática, Plástica e Musical a través de concellos, asociacións e colexios. Ver máis

Axenda

Consulta a nosa axenda para non perder ningún dos nosos espectáculos. Ver a axenda