“Zaragallada”, de Banda Migallas
Este é o terceiro disco de Migallas Teatro. Os dous anteriores, “Canta connosco!” e “Pan de millo” estaban dedicados ao público infantil mais, nesta ocasión, dirixímonos principalmente á mocidade e ás persoas adultas. Como o seu nome indica, “Zaragallada” (recheo da empanada) consta de 13 temas con ritmos e contidos moi variados. Podemos escoitar cancións pop, rock, ska, un pasodobre, un tango, unha rumba, un valse, unha nana, unha pandeirada, etc.
Parte das cancións naceron no espectáculo de humor “O cantante e as mulleres”, de Migallas Teatro. Moitas das letras tratan cuestións de tipo social aderezadas con humor e retranca e outras son de carácter lírico.
A produción artística e os arranxos corren a cargo de Segundo Grandío, que tamén toca o baixo e as guitarras. Davide González Lorenzo toca o acordeón, o saxofón, a frauta, a melódica e fai os coros. Canda eles, intérpretes do prestixio de Leandro Deltell (batería), Paulo Nogueira e Magoia Bodega (percusión tradicional), Maurizzio Polsinelli (piano) e Carmen Gallego (violín) participan en diversos temas.
Espectáculo baseado neste disco: