“XOGA E CREA CON MIGALLAS” é un obradoiro impartido por Migallas Teatro e organizado pola Concellerías de Cultura e de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra e a Asociación de Veciños O Mirador co fin de promover a expresión dramática, plástica e musical e a práctica dos xogos tradicionais entre a infancia creando un espazo de socialización en galego.

Lugar

Centro Cultural de Monte Porreiro situado na rúa de Alemaña, 50 de Monte Porreiro – Pontevedra.

Idades

Nenas e nenos de 5 a 7 anos

Número de participantes

20 participantes

Horario

Os martes lectivos das 18.00 h ás 19.30 h

Duración

10 sesións de xaneiro a abril de 2025

Prezo

40 € por todo o obradoiro, co material incluído

Comezo

28 de xaneiro de 2025

Preinscrición

Do 21 ao 23 de xaneiro enviando un correo electrónico ao enderezo migallas@migallas.gal co nome e apelidos da nena ou neno solicitante, un teléfono de contacto e o domicilio ou achegando estes mesmos datos de forma presencial ao Centro Cultural de Monte Porreiro eses mesmos días entre as 18.00 h e as 20.00 h.

As prazas non se adxudicarán por orde de entrega da solicitude. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas, terán prioridade as nenas e nenos residentes en Monte Porreiro. Se estes tamén superasen o número de prazas ou ben para adxudicar o resto das prazas, faríase un sorteo público. A formalización da inscrición e o pago da cota realizarase cando comece a actividade.

PRAZAS LIMITADAS!