Visitas culturais teatralizadas
Unha visita cultural teatralizada polo centro histórico dunha vila é unha actividade onde se combina a información cultural e histórica coas representacións teatrais a partir de personaxes e feitos relacionados cos lugares que se visitan. Deste xeito, os contidos transmitidos na visita fanse máis amenos e facilítase o achegamento á historia menos coñecida da vila que se visita.
Combínase neste percorrido o rigor da información histórica co humor, de modo que a visita resulte interesante e entretida para público de todas as idades e intereses.
“Migallas Teatro” ten feito visitas teatralizadas polo centro histórico de Pontevedra en torno a diferentes temáticas: “A Boa Vila desde o Camiño Xacobeo”, sobre o Camiño Portugués ó seu paso por Pontevedra, e “Paseo máxico por Pontevedra”, sobre a Pontevedra medieval e renacentista.