Migallas Teatro volve realizar visitas teatralizadas polo Centro Histórico de Pontevedra, organizadas polo Concello de Pontevedra e Turismo de Pontevedra.
Co nome de “Paseo máxico pola Boa Vila”, cada visita, dirixida a público de todas as idades, será unha divertida viaxe pola historia real e imaxinaria da Pontevedra medieval e renacentista da man de personaxes deste e doutros mundos.
As prazas son limitadas. Estas xa se poden reservar a través de Visit Pontevedra para as visitas que se desenvolverán este ano os días 15, 16, 17, 22, 23, 24, 25, 28, 29 e 31 de xullo.
O punto de saída está detrás do Edificio do Concello, situado na Praza de España e a duración é dunha hora e 30 minutos, das 22.00 h ás 23.30 h.