Un berce cheo de contos

Contacontos Bea Campos- Migallas Teatro

(Contos con música)

“Paxariños que voades
polas follas dos loureiros,
deixade durmir ao neno,
que está no sono primeiro”

Chega a hora de ir durmir pero Chispa non ten sono. Meu pobre, non para de chorar… Teremos que contarlle uns contos e arrolalo para o sono chamar.

Un berce cheo de contos é unha actividade para bebés a partir de seis meses na que se conxuga a tradición oral, os álbums ilustrados e a música en directo.

Idade recomendada: Entre 6 meses e 3 anos.

  • Duración: 30 minutos
  • Número de nenos: 25 máis un máximo de dous acompañantes.
  • Necesidades técnicas:
    • Espazo libre de obxectos onde os participantes poidan estar comodamente sentados no chan.
    • Dúas cadeiras sen brazos.
    • Toma de corrente.
    • Unha mesa pequena.

Para continuar navegando debes aceptar a política de rastros (cookies) Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close