Que viva o galego!

Nenos e nenas desfilando con carteis pola rúa

“Que viva o galego!” é un espectáculo de rúa dirixido a público familiar que pode ser itinerante ou desenvolverse nunha praza ou parque. O público verase mergullado nunha aventura na que terá que superar varias probas de xeito cooperativo relacionadas coa lingua galega co fin de atopar a solución a un grave problema: o esmorecemento do galego.

Con cada proba superada, as persoas participantes conseguirán unha pista que as encamiñará cara á solución.

As probas combinan o xogo físico e o xogo intelectual:

  1. Carreiras de remudas con ditos tradicionais
  2. Saltos de casas con adiviñas
  3. Cancións galegas tradicionais e actuais
  4. Trabalinguas e refráns
  5. Xogos de roda en galego
  6. Preguntas sobre escritoras e escritores da zona e sobre a súa obra literaria
  7. Bailes colectivos
  8. Xogos tradicionais adaptados para aprender palabras de diferentes campos semánticos…

Ao final do espectáculo, o público xuntará todas as pistas conseguidas e descubrirá por fin a solución para que o galego siga vivo.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: infantil e familiar
  • Xénero: teatro de rúa

Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.

Elenco:
Actores e actrices:

  • María Campos
  • Carlos Yus

2 persoas técnicas

  • Música: música e cancións tradicionais
  • Escenografía: Carlos Yus
  • Vestiario: María Campos
  • Duración: 1 hora e 30 minutos
  • Tempo de montaxe: 2 horas
  • Tempo de desmontaxe: 1 hora
  • Espazo: praza, parque ou rúas sen tráfico de vehículos e sen contaminación acústica (música de atraccións, de tráfico, de probas de son…)