Pegadas de Castelao

“Pegadas de Castelao” é un espectáculo dirixido a todos os públicos a partir de 6 anos que ten como obxectivo a difusión da figura e da obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural etc. dunha forma amena e divertida.

Para lograr este obxectivo, combínanse diferentes técnicas dramáticas: monicreques de silueta, de luva e cabezudos inspirados nos debuxos e relatos de Castelao, teatro de actor, pantomima, cantar de cego etc., todo acompañado por música en directo e cantigas populares vinculadas á súa vida e obra.

Tal como o seu nome indica, “Pegadas de Castelao” tenta amosar as profundas pegadas que deixou Castelao na historia e na cultura de Galicia así como avivar o interese por afondar no coñecemento da súa vida, da súa obra e do seu pensamento.

Idade recomendada: A partir de 6 anos.

Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.

Elenco:

  • Maximino: Carlos Yus.
  • Hermelinda: María Campos.
  • Deseño de escenografía: Migallas
  • Confección de escenografía: Migallas, María Paz, Begoña Paz e Elena Martínez
  • Monicreques: Migallas
  • Técnico de luz e son: Tegüi
  • Vestiario: María Campos
  • Fotografías e vídeos: Sr. Sagüillo
  • Duración: 1 hora.
  • Tempo de montaxe: 2 h
  • Tempo de desmontaxe: 1,5 h
  • Medidas do escenario
    • Ancho: 4 m
    • Altura ata o teito: 2,5 m
    • Fondo: 3 m
    • Potencia eléctrica : 8.000 W