Os tres porquiños

Beatriz Campos

“Os tres porquiños” é un espectáculo teatral para os máis pequenos e pequenas con monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil. Sons, texturas e cores captan a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: bebés a partir de 6 meses
  • Xénero: narración oral, monicreques e canción infantil

Guión e dirección: Bea Campos

Elenco:

  • Bea Campos
  • Manuel Pombal
  • Música: Bea Campos, Manuel Pombal e tradicional
  • Escenografía: J.M. Sagüillo
  • Duración: 30 minutos
  • Tempo de montaxe: 1 hora
  • Tempo de desmontaxe: 1/2 hora
  • Potencia eléctrica: 1000 W
  • Medidas do espazo:
    • Ancho: 4 m
    • Altura ata o teito: 2,5 m
    • Fondo: 3 m
Bea Campos cos monicreques do espectáculo
Bea Campos cos monicreques do espectáculo