Os soños de Anisia e Neira Vilas

“Os soños de Anisia e Neira Vilas” é un espectáculo de narración oral, monicreques, teatro e cancións dirixido a público infantil e familiar ideal para coñecer as vidas e as obras dedicadas á infancia de Anisia Miranda e de Xosé Neira Vilas e mais fomentar a lectura destas.
“Espantallo amigo”, “O cabaliño de buxo”, “A marela Tarabela”, de Neira Vilas, “Os contos do Compay Grilo”, “A ra que perdeu o seu charco”, de Anisia Miranda ou “Cantarolas”, de ambos os dous, son algúns dos libros que acompañan o percorrido polas vidas destes escritores, editores e difusores infatigables da cultura galega.
Cancións como “Pan de millo”, “O espantallo divertido”, “Corre, corre, meu cabalo”, “A vaca marela” ou “Cantarola dos nenos” fomentan a participación do público ao longo de todo o espectáculo e contribúen a espertar nel o interese por coñecer e ler as obras de Anisia e de Neira Vilas.
Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.
Elenco:
- María Campos
- Carlos Yus
- Música: cancións tradicionais, Carlos Yus, Paulo Nogueira e Xico de Cariño
- Escenografía: María Campos
- Vestiario: María Campos
- Duración: 50 minutos
- Tempo de montaxe: 1 hora
- Tempo de desmontaxe: 1/2 hora
- Potencia eléctrica: 1000 W
- Medidas do espazo:
- Ancho: 4 m
- Altura ata o teito: 2,5 m
- Fondo: 3 m
