Os contos do chupete

(Contos con música)

Bea ten un problema. O seu lobo leva chupete… Cada vez que llo intentan quitar, chora. Pero chora moito… a quen se lle conte, un lobo con chupete! Está desconsolado. Contos, cantos e cancións serán a solución.

Os contos do chupete é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, canción e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

Idade recomendada: Entre 0 e 3 anos.

  • Duración: 30 minutos
  • Número de nenos: 25 máis un máximo de dous acompañantes.
  • Necesidades técnicas:
    • Espazo libre de obxectos onde os participantes poidan estar comodamente sentados no chan.
    • Dúas cadeiras sen brazos.
    • Toma de corrente.
    • Unha mesa pequena.