Disco Canta Connosco

O sector da música infantil en galego experimentou un gran crecemento nos últimos tempos, con moitos e variados proxectos para os máis pequenos, pero en 1996 era case inexistente…

[Fragmento do limiar de Manuela Rodríguez, mestra e editora]

No 20º aniversario da gravación de “Canta connosco!”, a edición conmemorativa en formato libro-cd-dvd recupera as cancións que fixeron cantar e bailar a moitas xeracións de rapaces. Unha ocasión para que a infancia de hoce sigan cantando e bailando con Migallas.

A aparición deste traballo musical en 1996 foi todo un fito na música do país. Por primeira vez, un grupo galego con ampla experiencia de actuacións en directo para público infantil e xuvenil, facía un disco na nosa lingua coa calidade dun traballo musical para adultos. Tanto na forma coma no contido, cada tema foi elaborado coa maior calidade técnica, apostando pola variedade de ritmos. Colaboraron daquela destacados músicos como Paco Dicenta, Budiño ou Suso Vaamonde.

Inclúe cancións infantís de carácter máis tradicional, xunto co rap, o rock, a cumbia, o reagge e o pasodobre, ata unha melodía de inspiración africana ou un canto de berce, pasando polo tema instrumental folk que pecha o disco. Pensado para o público infantil, tamén pode gustar a toda a familia pola diversidade de contidos: os xogos tradicionais e colectivos fronte á televisión e as novas tecnoloxías; a animación á lectura; a importancia do uso do galego; a ecoloxía; a cultura tradicional…

As ilustracións de Óscar Villán -de vivas cores, grande expresividade e dinamismo- acentúan o ton lúdico da obra, que se complementa con divertidos vídeos musicais de José Miguel Sagüillo, que inclúen animacións e karaokes para fomentar a interactividade.

Contraportada de Canta Connosco

Editado por

Editorial Kalandraka

  • Textos de MARÍA CAMPOS e CARLOS YUS (MIGALLAS)
  • Ilustracións de ÓSCAR VILLÁN
  • Música de MIGALLAS, arranxos de PACO DICENTA
  • Interpretación musical e voces de PACO DICENTA, XOSÉ MANUEL BUDIÑO, FRANCISCO BOUZA, GUILLERMO FERNÁNDEZ, SUSO ELÍAS QUIROGA, LUCÍA COTA, EVA Mª TROITIÑO, SUSO VAAMONDE
  • Dirección e realización dos videoclips JOSÉ MIGUEL SAGÜILLO
  • Encadernado en cartoné. 16 x 16 cm. 48 páx. 22 €.
  • ISBN 978-84-8464-276-3. Libro-CD-DVD con karaokes.
  • EDICIÓN ESPECIAL 20º ANIVERSARIO
  • Temática: cancións infantís con ritmos diversos.
  • Idade recomendada: a partir de 2 anos; familia.
  • Aspectos destacables: educación musical, cancioneiro infantil, expresión dramática, músicas do mundo, xogos, aspectos da vida cotiá, cultura popular; textos explicativos das cancións; videos, animacións e karaokes.
  • Pezas: O esqueleto – O libro máxico – O rap da lingua – Dime que fixeches – Mamá gatiña – Perico Pérez – Os xogos – O rock da ducha – Os virus xacobeos – Ai, Patín! – O eucalipto e o carballo – Cando chega a mañá.

Vídeos