Garavanciño

Bea Campos

“Garavanciño” é unha divertida e coidada proposta teatral para nenas e nenos con monicreques e cancións. Unha peza visual baseada nun dos contos clásicos da literatura infantil.

Divertida proposta teatral para toda a familia a partir do conto tradicional cunha estrutura encadeada e acumulativa. Un conto de sempre que achega a narración oral e os costumes do pobo a grandes e pequenos.

O pequeno Garavanciño préstase para axudar na casa, a súa nai nunca o deixaba saír só pero ese día vai facer uns recados e comeza unha grande aventura para o pequeno da familia!

  • Idioma: galego
  • Público preferente: familiar a partir de 1 ano
  • Xénero: teatro, narración oral, monicreques e canción infantil

Guión e dirección: Bea Campos

Elenco:

  • Bea Campos
  • Música: Paulo Medal
  • Bonecos e escenografía: Bea Campos e Marcos Alonso
  • Duración: 40 minutos
  • Tempo de montaxe: 60 minutos
  • Tempo de desmontaxe: 30 minutos
  • Potencia eléctrica: 1000 W
  • Medidas do espazo:
    • Ancho: 4 m
    • Altura ata o teito: 2,5 m
    • Fondo: 3 m
Bea Campos
Bea Campos
Bea Campos