Falemos como galegas

Por que a situación da lingua galega é a que é? Cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela? Que son a “diglosite” e a “castrapite”? De onde veñen os prexuízos sobre a lingua? A quen afectan? Teñen cura? Que remedios hai para tratalos? Cal é o futuro do galego?

“Falemos como galegas” é un espectáculo humorístico interactivo onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de sketchs e cancións cómicas de autor.

María Campos e Carlos Yus danlle vida a un feixe de personaxes entre os que se atopa a popular Sra. de Palmírez, coñecida polas súas intervencións no programa Luar da TVG e toda unha icona do “castrapismo”.

As cancións, alén de cuestións sociolingüísticas, tratan temas como a defensa da cultura propia e do patrimonio natural, a influencia dos medios de comunicación, a publicidade, a moda, o clasismo etc.

Cada función de “Falemos como galegas” é unha invitación amena e divertida a reflexionar sobre a historia, a actualidade e o futuro da lingua galega, co obxectivo de fomentar o seu uso normalizado entre as galegas e galegos de todas as idades.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: persoas adultas e mozas.
  • Xénero: comedia e canción de cantautor.

Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.

Elenco:

      • Personaxes: María Campos e Carlos Yus
      • Música: cancións orixinais de Carlos Yus
      • Escenografía: Migallas
      • Técnica de luz e son: Tegüi
      • Vestiario: María Campos

Fotografías e vídeos: Sr. Sagüillo.

      • Duración: 1 hora.
      • Tempo de montaxe: 2 horas e 30 minutos.
      • Tempo de desmontaxe: 1 hora
      • Potencia eléctrica: 8.000 W.
      • Medidas do escenario:
        • Ancho: 6 m.
        • Altura ata o teito : 3,5 m.
        • Fondo: 3 m.

Cartel do espectáculo

Cartel do espectáculo Falemos como galegas