Cargando eventos
  • Este evento pasou.
Escena de Vai ser boa!

“Vai ser boa!” é un espectáculo baseado no libro-disco “Pan de millo” no que se combinan cancións con accións dramáticas relacionadas coa súa temática. Os temas musicais que se interpretan son: “Pinocho”, “O espantallo divertido”, “Eu teño un canciño”, “Unha vella tiña un can”, “Miña “Abuela” Manuela” e “Pan de millo”.

A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo. Os temas que se tratan, entre outros, son: a importancia da relación entre avós e netos; a transmisión da lingua, dos ditos e das cancións tradicionais; o coidado das mascotas; o coñecemento e respecto da natureza; a colaboración fronte á competición, etc.