- Este evento pasou.
“Un avó especial” é un espectáculo destinado a público familiar no que se aborda o tema da enfermidade do Alzheimer co obxectivo de axudarlles ós rapaces a comprender situacións que moitos deles poden vivir no seu contorno familiar.
Malia a seriedade do tema que trata ten un enfoque humorístico que persegue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da enfermidade e amosar a importancia que teñen os/as nenos/as para que os maiores vivan momentos felices.
Organiza
FANPO (Federación de Anpas de Centros de Ensino Públicos do Condado-Paradanta e Louriña) e Concello de Ponteareas >>
Público
Para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria dos centros da FANPO
Programa
VIII Xornadas de Teatro da FANPO