Cargando eventos
Nenos e nenas desfilando con carteis pola rúa

Que viva o galego! é un espectáculo de rúa dirixido a público familiar que pode ser itinerante ou desenvolverse nunha praza ou parque. O público verase mergullado nunha aventura na que terá que superar varias probas de xeito cooperativo relacionadas coa lingua galega co fin de atopar a solución a un grave problema: o esmorecemento do galego.

Espazo

Braña dos Allos

Público

Para o alumnado de primaria

Programa

Rede Cultural da Deputación da Coruña