Cargando eventos
Brincadeiras da lingua

Petiscos de lingua é un espectáculo que ten como finalidade dar a coñecer e fomentar a práctica de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia no ámbito familiar e da veciñanza para contribuír á transmisión interxeracional da lingua.

Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma de ditos tradicionais como os recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro baixo o nome de “Brincadeiras da lingua”.