- Este evento pasou.
“Petiscos de lingua” é un espectáculo que ten como finalidade dar a coñecer e fomentar a práctica de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia no ámbito familiar e da veciñanza para contribuír á transmisión interxeracional da lingua.
Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma de ditos tradicionais como os recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro baixo o nome de “Brincadeiras da lingua”.
Espazo
Salón de actos da Casa da Cultura >>
Público
Todas as idades