Eventos - “Pegadas de Castelao” en Ponteareas

Loading Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

“Pegadas de Castelao” en Ponteareas

28 Xaneiro / 18:00 - 19:00

Maximino, co acordeón, e Hermelinda, cos bonecos: Don Ramonciño, Micaela e o Demo
  • Espazo: Sala Multiúsos do Auditorio Reveriano Soutullo
  • Concello: Ponteareas
  • Idade recomendada: A partir de 6 anos.
  • Organiza: Concello de Ponteareas
  • Espectáculo: Pegadas de Castelao

“Pegadas de Castelao” é un espectáculo dirixido a todos os públicos a partir de 6 anos que ten como obxectivo a difusión da figura e obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural, etc. dunha forma amena e divertida.

Para lograr este obxectivo, combínanse diferentes técnicas dramáticas: cantar de cego, títeres, teatro de actor, etc., todo acompañado por música en directo e cantigas tradicionais vinculadas á súa vida e obra.

Actuacións realizadas por Migallas Teatro desde o ano 1999.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies