Cargando eventos
  • Este evento pasou.
Escena do Paseo máxico pola Boa Vila

Embárcate co Paseo máxico pola Boa Vila nunha divertida viaxe por unha banda da historia real e imaxinaria da Pontevedra medieval e renacentista. Déixate acompañar por personaxes doutras épocas e doutros mundos que che descubrirán algúns segredos da Boa Vila.

As persoas participantes son conducidas por varios personaxes a modo de guías polas rúas e prazas dunha parte do centro histórico.

Un percorrido onde se evocarán feitos e personaxes históricos e tamén homes e mulleres anónimos que habitaron esta vila e a súa contorna ao longo dos séculos, mediante a recreación de escenas da vida cotiá.

Sesións de hora e media os días 7, 8 e 10 de agosto ás 22.00h