
- Este evento pasou.

Embárcate co “Paseo máxico pola Boa Vila” nunha divertida viaxe por unha banda da historia real e imaxinaria da Pontevedra medieval e renacentista. Déixate acompañar por personaxes doutras épocas e doutros mundos que che descubrirán algúns segredos da Boa Vila.
As persoas participantes son conducidas por varios personaxes a modo de guías polas rúas e prazas dunha parte do centro histórico.
Un percorrido onde se evocarán feitos e personaxes históricos e tamén homes e mulleres anónimos que habitaron esta vila e a súa contorna ao longo dos séculos, mediante a recreación de escenas da vida cotiá.
Espazo
Contorna da Praza de España e a Basílica de Santa María. Saída: detrás da casa do concello >>
Público
Todas as idades