Cargando eventos
  • Este evento pasou.
Personaxes do espectáculo 'Falemos como galegas'

Falemos como galegas é un espectáculo humorístico interactivo dirixido á mocidade e ás persoas adultas onde se abordan, entre outras cuestións, os falsos tópicos e os prexuízos máis comúns sobre a lingua galega.

María Campos e Carlos Yus danlle vida a un feixe de personaxes entre os que se atopa a popular Sra. de Palmírez, coñecida polas súas intervencións no programa Luar da TVG e toda unha icona do “castrapismo”.

Público

Mocidade e persoas adultas

Programa

Verán de lecer A Cañiza 2024