Cargando eventos
Brincadeiras da lingua

Brincadeiras da lingua é un espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos por Migallas Teatro.

Público

Para o alumnado de 3º curso do grao de Mestre en Educación Infantil

Proxecto

Proxecto de ensino de linguas en Educación Infantil