Cargando eventos
  • Este evento pasou.
Brincadeiras da lingua

Brincadeiras da lingua é un espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos por Migallas Teatro.

Espazo

CEIP Vicente Risco

Programa

Campaña escolar dinamizadora do galego

Público

Para alumnado de 1º, 2, 3º e 4º de primaria do CEIP Vicente Risco