Cargando eventos

A partir do libro “Un avó especial”, que trata sobre a relación entre un avó e a súa neta, vanse entrelazando cancións e ditos infantís de tradición oral recollidos na páxina web www.orellapendella.gal

Deste xeito, os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo. Anímase a manter vivos os xogos, cancións e ditos sinxelos dos/as nenos/as de antano como medios de diversión, socialización e aprendizaxe.