Cargando eventos
  • Este evento pasou.
Membros do espectáculo 30 Anos cantando con Migallas

En 30 anos cantando con Migallas celebramos os 30 anos facendo e cantando música infantil en galego cun divertido e variado concerto para público familiar con músicos de recoñecido prestixio e traxectoria.

No concerto interprétanse temas dos discos “Canta connosco!” e “Pan de millo”. Cancións tan coñecidas como “Pan de millo“, “O rap da lingua“, “Miña Abuela Manuela“, “O esqueleto” ou “O libro máxico”, coas que medraron varias xeracións, farán gozar de novo as nais e pais que as cantaron na súa infancia e os nenos e nenas de agora.