Cargando eventos
  • Este evento pasou.
Membros do espectáculo 30 Anos cantando con Migallas

En “30 Anos cantando con MigallasMigallas Teatro celebra os 30 anos facendo e cantando música infantil en galego cun divertido e variado concerto para público familiar. Nesta ocasión, conta con músicos de recoñecido prestixio e traxectoria como Xaquín Xesteira e Anxo Xesteira, de Treixadura, e Borja García e Isi Baúlo, que acompañarán a María Campos e a Carlos Yus no escenario.

No concerto interprétanse temas dos discos “Canta connosco!” e “Pan de millo”. Cancións tan coñecidas como “Pan de millo“, “O rap da lingua“, “Miña Abuela Manuela“, “O esqueleto” ou “O libro máxico”, coas que medraron varias xeracións, farán gozar de novo as nais e pais que as cantaron na súa infancia e os nenos e nenas de agora.