“Empanada da casa”

“Empanada da casa” é un espectáculo onde se combina a música ao vivo do álbum “Zaragallada”, de “Banda Migallas” con sketchs humorísticos.

“Zaragallada” é o terceiro disco de Migallas Teatro. Os dous anteriores, “Canta connosco!” e “Pan de millo” estaban dedicados ao público infantil mais, nesta ocasión, dirixímonos principalmente á mocidade e ás persoas adultas. Como o seu nome indica, “Zaragallada” (recheo da empanada) consta de 13 temas con ritmos e contidos moi variados. Podemos escoitar cancións pop, rock, ska, un pasodobre, un tango, unha rumba, un valse, unha nana, unha pandeirada, etc. Moitas das letras tratan cuestións de tipo social aderezadas con humor e retranca e outras son de carácter lírico. A produción artística corre a cargo de Segundo Grandío, do estudio “Casa de tolos”.

As cancións alternan coas interpretacións teatrais nas que se tratan en clave de humor temas moi próximos aos/ás espectadores/as como o machismo; os comportamentos sociais ; o consumismo; os prexuízos sobre a lingua galega; o fanatismo no deporte; a influencia da TV; o clasismo; a moda e a publicidade; etc.

Máis información sobre o disco “Zaragallada”

  • Idioma: galego
  • Público preferente: mocidade a adultos
  • Xénero: canción de autor pop, rock e folk e comedia

Podes atopar o CD nas tendas de discos e librarías ou tamén pedilo a través de Inquedanzas Sonoras info@inquedanzas.com.

Sigue a Banda Migallas no facebook

  • Actriz: María Campos

Músicos/as e cantantes:

  • Carlos Yus: voz e guitarra
  • Davide González: acordeón, saxofón, teclados, pandeireta e coros
  • Myriam Cortizo: batería, frauta e gaita
  • Ismael Orge: teclados e trombón de varas
  • Bastian Rodríguez: baixo e batería
  • Bea Campos: percusións e coros

Ilustración do disco Zaragallada

  • Duración: 1 hora e 15 minutos
  • Tempo de montaxe: 2 horas e 30 minutos
  • Tempo de desmontaxe: 1 hora
  • Medidas do escenario
    • Ancho: 6 m
    • Altura ata o teito: 3,5 m
    • Fondo: 3 m
    • Potencia eléctrica : 8000 W (dependendo do espazo)

Para continuar navegando debes aceptar a política de rastros (cookies) Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close