Elas pintan moito

Representación de "Elas pintan moito"

“Elas pintan moito” é unha sesión de contos e música en directo baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Kahlo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.

Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba.

Tamén se anima a desenvolver as capacidades creativas das nenas e nenos sen ningún tipo de traba e de ideas preconcibidas.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: Infantil e familiar.
  • Xénero: Narración e canción infantil.

Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.

Elenco:

  • María dos contos: María Campos.
  • Señor Dorremí: Carlos Yus.
  • Música: cancións tradicionais
  • Escenografía: María Campos
  • Vestiario: Celsa Cabaleiro
  • Duración: 1 hora.
  • Tempo de montaxe: 1 h
  • Tempo de desmontaxe: 0,5 h
  • Medidas do escenario
    • Ancho: 4 m
    • Altura ata o teito: 2,5 m
    • Fondo: 3 m
    • Potencia eléctrica : 4.000 W