E se o cantamos?

¿E se o cantamos? é unha peza na liña de “¡Canta connosco!” onde se combinan cancións con escenas breves para tratar temas como os xogos colectivos e tradicionais fronte ós videoxogos e ós xoguetes electrónicos; a importancia das relacións entre avós e netos; a violencia e a publicidade na televisión; xoguetes bélicos e sexistas; a problemática do galego e o castelán (pais e nais que falan en galego entre eles e en castelán cos fillos); a importancia da música e do baile; etc.
Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: “O rock da ducha”, “O eucalipto e o carballo”, “O rap da lingua“, “Os xogos” e “Perico Pérez“.
Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.
Elenco: