Debullando cancións

Escena de Debullando cancións

“Vai ser boa!” é un espectáculo baseado no libro-disco “Pan de millo”, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións con accións dramáticas relacionadas coa súa temática. Os temas musicais que se interpretan son: “Pinocho”, “O espantallo divertido”, “Eu teño un canciño”, “Unha vella tiña un can”, “Miña “Abuela” Manuela” e “Pan de millo”.

A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo. Os temas que se tratan, entre outros, son: a importancia da relación entre avós e netos; a transmisión da lingua, dos ditos e das cancións tradicionais; o coidado das mascotas; o coñecemento e respecto da natureza; a colaboración fronte á competición, etc.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: infantil e familiar
  • Xénero: comedia e canción infantil

Ilustración da canción O piollo e a pulga

  • Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus

Elenco:

  • Panadeiros: María Campos e Carlos Yus

Ilustración da canción pan de millo

  • Duración: 1 hora.
  • Tempo de montaxe: 2,5 h
  • Tempo de desmontaxe: 1 h
  • Medidas do escenario
    • Ancho: 6 m
    • Altura ata o teito: 3,5 m
    • Fondo: 3 m
    • Potencia eléctrica : 8.000 W

Para continuar navegando debes aceptar a política de rastros (cookies) Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close