
Un ano máis, a campaña Impórtanos do Concello de Vigo, ofrecémosvos a oportunidade de achegarvos ás temáticas da Educación para a Cidadanía Global, a Solidariedade e o Desenvolvemento a través das nosas sesións de contacontos.
Bea Campos contará varios contos escollidos para reflexionar coas nenas e nenos sobre a pegada ecolóxica, a sustentabilidade, o coidado do planeta, a educación das emocións, a interculturalidade, as migracións, os estereotipos e prexuízos, etc. Os días 21,22, 23 de Outubro, 28,29 e 30, e o 5 de Novembro 14 sesións polos centros educativos de Vigo para facer a delicia dos máis pequenos e traballar a pegada ecolóxica.