Canta connosco!

En Canta connosco! combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas. Os temas que se tratan, entre outros, son: o coidado das mascotas; o consumismo na compra de xoguetes; a lectura como pracer e aprendizaxe fronte ao exceso de TV e de videoxogos; a importancia da imaxinación; o xogo do teatro; cancións que axudan a estudar etc.

Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: “Dime que fixeches”, “O esqueleto”, “O libro máxico” e “Ai, Patín!”. A música está gravada (toca unha banda de pulgas), mais as voces solistas son en vivo.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: Infantil e familiar.
  • Xénero: Comedia e canción infantil.

Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.

Elenco:

  • Antón: Carlos Yus.
  • Rosiña e Cachirula: María Campos.
  • Música: cancións orixinais de María Campos e Carlos Yus.
  • Escenografía: Marisol García e María Campos
  • Técnica de luz e son: Alba Tamara
  • Vestiario: Celsa Cabaleiro
  • Fotografía: Sr. Sagüillo
  • Duración: 1 hora.
  • Tempo de montaxe: 2 horas e 30 minutos.
  • Tempo de desmontaxe: 1 hora
  • Medidas do escenario:
    • Ancho: 6 m.
    • Altura ata o teito: 3,5 m.
    • Fondo: 3 m.
    • Potencia eléctrica: 8.000 W.