A partir do 9 de novembro imos levar o espectáculo “Brincadeiras da lingua” polos colexios de Vigo grazas á campaña escolar organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo durante os meses de novembro e decembro de 2022.

Será un percorrido por 30 centros escolares onde mediante xogos verbais de participación, cancións, teatro e monicreques presentaremos e animaremos a practicar dun xeito divertido unha escolma de ditos infantís tradicionais. Ditos que nos achegarán ao medio natural, a fomentar a igualdade, aos xogos tradicionais e a procurar maiores aptitudes na competencia oral do galego na infancia dunha maneira lúdica ao tempo que se coñece o noso patrimonio.

Este espectáculo está baseado na serie de vídeos de “Brincadeiras da lingua”, constituída por 25 vídeos onde se recollen os ditos do espectáculo repartidos por temáticas e moitos máis.

O visionamento destes vídeos pódese complementar coa consulta da páxina Orella Pendella, onde se presentan múltiples variantes de cada dito, e da bibliografía que figura no apartado das fontes desta mesma web elaborada e coordinada tamén por Migallas Teatro.

Parabéns para o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo por esta iniciativa!