Ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, Migallas Teatro realizou 15 novos capítulos da serie “Brincadeiras da lingua”, que ten como obxectivo fomentar o coñecemento e a práctica dos ditos e recitados infantís galegos e mais a transmisión familiar da lingua. Son en total 25 vídeos, que se poden ver a través desta ligazón.
Ademais dos vídeos, Migallas Teatro ofrece o espectáculo do mesmo nome: “Brincadeiras da lingua”. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e teatro preséntase dun xeito divertido unha escolma variada dos ditos recollidos na serie. Os ditos e cancións que conforman cada sesión son seleccionados previamente consonte as idades do público, que poden oscilar entre os 3 e os 12 anos.