Con motivo da representación de “Brincadeiras da lingua” na Casa da Cultura do Milladoiro, o programa Somos Ames entrevista a Carlos Yus, de Migallas Teatro. Carlos preséntalle á audiencia da emisora este novo espectáculo baseado nos ditos, recitados e cancións infantís publicados na páxina OrellaPendella.gal.

Somos Ames é un programa de crónicas, entrevistas e reportaxes que se sustenta na actualidade e na historia do Concello de Ames. Podédelo escoitar en Ames Radio todos os días ás 12:30 horas.