Banda Zaragallada
Banda Zaragallada é un grupo formado no ano 2021 por catro músicos e cantantes de longa traxectoria en todo tipo de escenarios e agrupacións que interpretan nos seus concertos os temas do disco “Zaragallada”.
Como o seu nome indica, “Zaragallada” (recheo da empanada) consta de 13 temas en galego con ritmos e contidos moi variados. Podemos escoitar cancións pop, rock, ska, un pasodobre, un tango, unha rumba, un valse, unha nana, unha pandeirada etc. Moitas das letras tratan cuestións de tipo social aderezadas con humor e retranca e outras son de carácter lírico.
A produción artística do disco correu a cargo de Segundo Grandío, do estudio “Casa de tolos”.
Ao público ao que van dirixidos os concertos de Banda Zaragallada é pois heteroxéneo, como a súa música e letras, desde a mocidade a público máis veterano.
Ficha artística
Carlos Yus Respaldiza
Fundador da compañía Migallas Teatro xunto a María Campos, coa que comparte 30 anos de actuacións para público adulto polos escenarios de toda Galicia cos espectáculos de música e teatro “O cantante e as mulleres” e “Empanada da casa”. Tamén gravou os álbums para público infantil e familiar “Canta connosco!” e “Pan de millo”.
Anxo Xesteira Serrano
Músico multi instrumentista (acordeón, percusión, piano, gaita, guitarra…) membro de Treixadura, de SonDeSeu Orquestra Folk de Galicia, Rodrigo Romaní Trío e Onte e hoxe e director do grupo vocal Maravallada. É tamén o director da empresa de son Anxest.
Borja García Paz
Músico multi instrumentista (trompa, contrabaixo, baixo eléctrico, guitarra…) de gran versatilidade. É membro do grupo de rockabilly Mad Martin Trío e do de rumba flamenca Pa Ti Na Ma Big Band.
Isi Baúlo Piñeiro
Músico especializado en percusión nado nunha familia de longa tradición musical e membro de agrupacións con diferentes estilos, desde bandas de música como a Banda de Música Municipal de Ribadumia ata grupos de rock-metal como Treboada Rock.