7 Talleres de Expresión Dramática, Plástica e Musical a cargo de Migallas Teatro. Organización Estas actividades están promovidas por vixésimo primeiro ano consecutivo pola Concellería de Cultura do Concello de […]

7 Talleres de Expresión Dramática, Plástica e Musical a cargo de Migallas Teatro.

Organización

Estas actividades están promovidas por vixésimo primeiro ano consecutivo pola Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.

Os obradoiros serán impartidos por monitores/as da compañía teatral Migallas Teatro coa coordinación de María Campos.

Participantes

O número total de participantes é de 190 distribuídos por idades e días en 7 talleres
Obxectivos

  1. Descubrir e fomentar os recursos expresivos e comunicativos dos/as rapaces e rapazas.
  2. Estimular a fantasía, desenvolver a imaxinación e as capacidades creativas.
  3. Prepararalos para o xogo dramático espontáneo e libre, vencendo a vergonza e a timidez e motivando o traballo en equipo, cooperativo e solidario.
  4. Aprendizaxe activa e gozo do noso folclore infantil poético (cancións, ditos, etc.) e dos xogos tradicionais galegos.
  5. Coñecemento da nosa vila e da natureza que nos rodea (animais, plantas).
  6. Concienciación sobre o coidado do contorno urbano e natural.
  7. Fomentar o hábito da lectura como gozo, en especial de libros en galego.
  8. Familiarizar os/as nenos/as coa escoita de contos e a súa participación nas sesións de contacontos.
  9. Favorecer a fluidez na expresión oral e escrita en galego.
  10. Fomentar a igualdade de xénero.

Duración

Cada taller consta de 22 sesións dunha hora e media distribuídas ao longo de 5 meses a razón dunha sesión semanal dende outubro de 2019 ata maio de 2020.

Lugar de realización

Pazo da Cultura de Pontevedra.

Distribución por días e idades

Taller 1: de 8 a 12 anos
luns de 17,00 a 18,30 h
Número de participantes: 20
Comezo: luns 21 de outubro

Taller 2: de 8 a 12 anos
luns de 18,30 a 20,00 h
Número de participantes: 25
Comezo: luns 21 de outubro

Taller 3: de 8 a 12 anos
martes de 18,30 a 20,00 h
Número de participantes: 25
Comezo: martes 22 de outubro

Taller 4: de 4 a 7 anos
mércores de 18,00 a 19,30 h
Número de participantes: 45
Comezo: mércores 23 de outubro

Taller 5: de 4 a 7 anos
xoves de 17,30 a 19,00 h
Número de participantes: 45
Comezo: xoves 24 de outubro

Taller 6: de 13 a 14 anos
venres de 18,30 a 20,00 h
Número de participantes: 15
Comezo: venres 25 de outubro

Taller 7: de 15 a 17 anos
venres de 17,00 a 18,30 h
Número de participantes: 15
Comezo: venres 25 de outubro

Contidos

Obradoiros de 4 a 7 anos

Os 90 rapaces e rapazas de 4 a 7 anos participantes nos talleres 4 e 5 veranse metidos nunha nova aventura na que irán da man de diferentes artistas plásticos que lles contarán segredos e historias; aprenderanlles xogos e axudaranlles a superar as probas que lles poña o Pirata Escarapote para poder atopar o seu tesouro.

Durante as 22 sesións os/as nenos/as desenvolverán as súas capacidades creativas mediante o xogo combinando actividades de expresión plástica, dramática e musical.

Así pois, escoitarán, crearán e representarán contos; farán traballos manuais relacionados con elementos da natureza; aprenderán xogos e cancións tradicionais e actuais; participarán en xogos de pistas polo Salón do Libro; asistirán a funcións de títeres etc.

Para rematar os obradoiros no mes de abril farán unha “expedición” polo Centro Histórico de Pontevedra.

Accede aos álbums de imaxes e vídeos: Canle de Migallas Teatro en Youtube

Obradoiros de 8 a 17 anos

Combinaranse as actividades de expresión dramática coa creación, ensaio e posta en escena dunha peza teatral.

Os talleres rematarán con representacións teatrais que terán lugar no Teatro Principal.

Nestas pezas, que acostuman ser de creación colectiva, abórdanse temas próximos ós rapaces e rapazas.

Os mozos e mozas dos talleres 6 e 7 tamén realizarán unha curtametraxe inspirada na vida e obra dos artistas traballados.

Accede aos álbums de imaxes e vídeos: Canle de Migallas Teatro en Youtube

Inscrición

Accede á información sobre o proceso de matrícula a través desta ligazón do Pazo da Cultura ou no teléfono de información: 986 833 061

Cota de inscrición: 50 € por toda a actividade.

Formalización da inscrición: Co pago da 1ª cota de participación o día do comezo e no mesmo lugar da actividade no mes de outubro.

Notas

  • No caso de cubrirse todas as prazas nalgún grupo haberá lista de espera.
  • De non facerse o pagamento da cota no 1º ou 2º día de actividade perderase a praza, que quedará á disposición do/a seguinte na lista de espera.
  • No caso de faltar 3 sesións sen xustificación, a praza quedará á disposición do/a seguinte na lista de espera.

Para máis información: Contacte con Migallas ou chame ao teléfono 986 833 061 do Pazo da Cultura