“Zaragallada”, de Banda Migallas

“Zaragallada”, de Banda Migallas

Este é o terceiro disco de Migallas Teatro. Os dous anteriores, “Canta connosco!” e “Pan de millo” estaban dedicados ao público infantil mais, nesta ocasión, dirixímonos principalmente á mocidade e ás persoas adultas. Como o seu nome indica, “Zaragallada” (recheo da empanada) consta de 13 temas con ritmos e contidos moi variados. Podemos escoitar cancións pop, rock, ska, un pasodobre, un tango, unha rumba, un valse, unha nana, unha pandeirada, etc.

Parte das cancións naceron no espectáculo de humor “O cantante e as mulleres”, de Migallas Teatro. Moitas das letras tratan cuestións de tipo social aderezadas con humor e retranca e outras son de carácter lírico.

A produción artística e os arranxos corren a cargo de Segundo Grandío, que tamén toca o baixo e as guitarras. Davide González Lorenzo toca o acordeón, o saxofón, a frauta, a melódica e fai os coros. Canda eles, intérpretes do prestixio de Leandro Deltell (batería), Paulo Nogueira e Magoia Bodega (percusión tradicional), Maurizzio Polsinelli (piano) e Carmen Gallego (violín) participan en diversos temas.

Banda Migallas ten dous espectáculos baseados neste disco:

Portada do disco Zaragallada

Ilustración do disco Zaragallada

  • Cancións: CARLOS YUS e MARÍA CAMPOS (MIGALLAS)
  • Arranxos e produción artística: SEGUNDO GRANDÍO
  • Deseño gráfico e imaxes: SR. SAGÜILLO
  • Gravación: ESTUDIO CASA DE TOLOS
  • Editado e distribuído por: INQUEDANZAS SONORAS
  • IDS-1122 – DL. VG 726-2015
  • Xénero: canción de autor, pop, rock, folk
  • Pezas: Arela – O que hai que facer – Nana para unha vella – Eu quero ser “una” presentadora – María – Pasodobre “enjebre” – O carballiño – Pandeirada da lingua – Pesadelos e soños – Pero ti que pensas! – Romance da Cidade da Cultura – Tango malo – Non sabemos.

Podes atopar o CD nas tendas de discos e librarías ou tamén pedilo a través de Inquedanzas Sonoras info@inquedanzas.com


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies