Visitas teatralizadas polo museo de Pontevedra

Visitas teatralizadas polo museo de Pontevedra

Un paseo pola arte galega desde o s. XIV a Castelao

O mércores 14 e o sábado 17 de agosto, Migallas Teatro realizará dúas visitas teatralizadas nas que o público participante, acompañado por varios personaxes, fará un percorrido polas distintas salas do Sexto Edificio para coñecer dunha forma amena e con pinceladas de humor as obras galegas que nelas se exhiben.
A actividade é gratuíta e está dirixida a todos os públicos a partir de 4 anos, cun máximo de 40 persoas por quenda. As visitas serán ás 21.30 h e terán unha duración aproximada de 1 h e media cada unha. Na metade da visita, os nenos e nenas inscritos nesta poderán participar nun obradoiro infantil de expresión artística relacionado coas obras que acaban de ver.

As inscricións deberán facerse con antelación na Secretaría do Museo (teléfono 986 804 100, extensión 32436).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies