Visita teatralizada polo museo de Pontevedra

Visita teatralizada polo museo de Pontevedra

Un paseo pola arte galega desde o s. XIV a Castelao.

O sábado 18 de maio, Día Internacional dos Museos, Migallas Teatro realizará unha Visita teatralizada na que o público participante, acompañado por varios personaxes, fará un percorrido polas distintas salas do Sexto Edificio para coñecer dunha forma amena e con pinceladas de humor as obras galegas que nelas se exhiben.

A actividade é gratuíta, está dirixida a todos os públicos e terá dúas sesións, ás 12:00 h e ás 17:30 h, cun máximo de 30 persoas por quenda. Ó remate de cada visita realizarase un Obradoiro infantil de expresión artística relacionado cos contidos da visita.

As inscricións deberán facerse con antelación na Secretaría do Museo (teléfono 986 804 100, extensión 32436).

O sábado 18 celébrase o Día Internacional dos Museos, institucionalizado polo Consello Internacional de Museos (ICOM) e que este ano ten como lema Museos (memoria + creatividade) = progreso social.

As Visitas Tetralizadas forman parte dun conxunto de actividades, que se prolongarán ata as 24:00 h, coas que se pretende achegar dunha forma dinámica e lúdica ó Museo o público, tanto infantil como adulto.

Actividades do Día Internacional dos Museos organizadas polo Museo de Pontevedra


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies