Á procura do tesouro 2016 – 2017

Á procura do tesouro 2016 – 2017

Organización

Estas actividades están promovidas por décimo oitavo ano consecutivo pola Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.

Os obradoiros serán impartidos por monitores/as da compañía teatral Migallas Teatro coa coordinación de María Campos.

Talleres á procura do tesouro

Participantes

O número total de participantes é de 160 distribuídos por idades e días en 6 talleres

Obxectivos

  1. Descubrir e fomentar os recursos expresivos e comunicativos dos/as rapaces e rapazas.
  2. Estimular a fantasía, desenvolver a imaxinación e as capacidades creativas.
  3. Prepararalos para o xogo dramático espontáneo e libre, vencendo a vergonza e a timidez e motivando o traballo en equipo, cooperativo e solidario.
  4. Aprendizaxe activa e gozo do noso folclore infantil poético (cancións, ditos, etc.) e dos xogos tradicionais galegos.
  5. Coñecemento da nosa vila e da natureza que nos rodea (animais, plantas).
  6. Concienciación sobre o coidado do contorno urbano e natural.
  7. Fomentar o hábito da lectura como gozo, en especial de libros en galego.
  8. Familiarizar os/as nenos/as coa escoita de contos e a súa participación nas sesións de contacontos.
  9. Favorecer a fluidez na expresión oral e escrita en galego.
  10. Fomentar a non discriminación por razón de xénero.
Talleres á procura do tesouro

Duración

Cada taller consta de 22 sesións dunha hora e media distribuídas ó longo de 5 meses a razón dunha sesión semanal dende outubro de 2016 ata maio de 2017.

Lugar de realización

Pazo da Cultura de Pontevedra.

Distribución por días e idades

Talleres á procura do tesouro

Taller 1: de 8 a 12 anos
luns de 17,00 a 18,30 h
Número de participantes: 15
Comezo: luns 17 de outubro

Taller 2: de 8 a 12 anos
luns de 18,30 a 20,00 h
Número de participantes: 20
Comezo: luns 17 de outubro

Taller 3: de 8 a 12 anos
martes de 18,00 a 19,30 h
Número de participantes: 20
Comezo: martes 18 de outubro

Taller 4: de 4 a 7 anos
mércores de 18,00 a 19,30 h
Número de participantes: 45
Comezo: mércores 19 de outubro

Taller 5: de 4 a 7 anos
xoves de 17,30 a 19,00 h
Número de participantes: 45
Comezo: xoves 20 de outubro

Taller 6: de 13 a 16 anos
venres de 17,00 a 18,30 h
Número de participantes: 15
Comezo: venres 21 de outubro

Talleres á procura do tesouro

Contidos

Obradoiros de 4 a 7 anos

Os 90 rapaces e rapazas de 4 a 7 anos participantes nos talleres 3 e 4 veranse metidos nunha nova aventura na que irán da man dos avós que lles contarán segredos e historias; aprenderanlles xogos e axudaranlles a superar as probas que lles poña o Pirata Escarapote para poder atopar o seu tesouro.

Durante as 22 sesións os/as nenos/as desenvolverán as súas capacidades creativas mediante o xogo combinando actividades de expresión plástica, dramática e musical.

Así pois, escoitarán, crearán e representarán contos; farán traballos manuais relacionados con elementos da natureza; aprenderán xogos e cancións tradicionais e actuais; participarán en xogos de pistas polo Salón do Libro; asistirán a funcións de títeres; etc.

Para rematar os obradoiros no mes de abril farán unha “expedición” polo Centro Histórico de Pontevedra.

Talleres á procura do tesouro

Obradoiros de 8 a 16 anos

Combinaranse as actividades de expresión dramática coa creación, ensaio e posta en escena dunha peza teatral.

Os talleres rematarán con representacións teatrais que terán lugar no Teatro Principal.

Nestas pezas, que acostuman ser de creación colectiva, abórdanse temas próximos ós rapaces e rapazas.

Talleres á procura do tesouro

Inscrición

Inscrición a partir do 10 de outubro ata cubrir todas as prazas no Pazo da Cultura, de 08,00 a 14,00 h.

Cota de inscrición: 40 € por toda a actividade.

Formalización da inscrición: Co pago da 1ª cota de participación o día do comezo e no mesmo lugar da actividade.

Talleres á procura do tesouro

Notas

  • No caso de cubrirse todas as prazas nalgún grupo haberá lista de espera.
  • De non facerse o pagamento da cota no 1º ou 2º día de actividade perderase a praza, que quedará á disposición do/a seguinte na lista de espera.
  • No caso de faltar 3 sesións sen xustificación, a praza quedará á disposición do/a seguinte na lista de espera.
Talleres á procura do tesouro

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.