Presentación do libro-disco “Canta connosco!”

Libro-disco Canta connosco

Presentación do libro-disco “Canta connosco!”

Este sábado, a partir das 12:00h no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, con entrada libre, María Campos e Carlos Yus interpretarán varias cancións de “Canta connosco!” e proxectaranse algúns vídeos nos que colaboraron moitos nenos e nenas de Pontevedra, Vilaboa, Tomiño e Cotobade.

CANTA CONNOSCO! é o título dun disco publicado por Migallas Teatro en 1996; todo un acontecemento no panorama da música infantil en galego. 20 anos despois, KALANDRAKA recupera este traballo nunha edición especial con ilustracións do Premio Nacional Óscar Villán e con divertidos videoclips de Sr.Sagüillo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies