Pegadas de Castelao

Pegadas de Castelao

“Pegadas de Castelao” é un espectáculo dirixido a todos os públicos a partir de 6 anos que ten como obxectivo a difusión da figura e obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural, etc. dunha forma amena e divertida.

Para lograr este obxectivo, combínanse diferentes técnicas dramáticas: cantar de cego, títeres, teatro de actor, etc., todo acompañado por música en directo e cantigas tradicionais vinculadas á súa vida e obra.

Idade recomendada: A partir de 6 anos.

Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.

Elenco:

  •  Maximino: Carlos Yus
  •  Hermelinda: María Campos
  •  Deseño de escenografía: Migallas
  •  Confección de escenografía: Migallas, María Paz, Begoña Paz e Elena Martínez
  •  Títeres: Migallas
  •  Vestiario: María Campos
  •  Cancións tradicionais: Adaptadas por María Campos e Carlos Yus.
  •  Duración: 1 hora.
  •  Tempo de montaxe: 2 horas.
  •  Tempo de desmontaxe: 1 hora e 30 minutos.
  •  Medidas do escenario:
    •  Ancho: 5 m.
    •  Altura ata o teito: 3,5 m
    •  Fondo: 4 m
    •  Potencia eléctrica: 5.000 W
Maximino, co acordeón, e Hermelinda, cos bonecos: Don Ramonciño, Micaela e o Demo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies