Obradoiro “Entre Arrolos e Contiños” en Goían (Tomiño)

Obradoiro “Entre Arrolos e Contiños” en Goían (Tomiño)

A actividade, enmarcada dentro dos actos conmemorativos da Semana Mundial do Aleitamento Materno, será coordinada por Migallas Teatro

Dentro dos actos conmemorativos da Semana Mundial do Aleitamento Materno, o Concello de Tomiño, organiza o obradoiro de contos e cantos “Entre Arrolos e Contiños”, para bebés e nenos de 6 meses a 3 anos. A actividade terá lugar o vindeiro sábado, 1 de decembro, na biblioteca do Auditorio de Goián, a partir das 17.00 horas.

Migallas Teatro será o grupo encargado de impartir este singular obradoiro, con capacidade para 30 bebés e os seus pais ou nais.

A duración da actividade será de 30 minutos aproximadamente, durante os cales, os monitores irán relatando contos de autor e tradicionais, acompañados por un músico, que interpretará cancións e melodías infantís.

Para participar é preciso inscribirse previamente no Concello, ou chamando ao 986 622 001/03.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies