O libro máxico

O libro máxico

Rosiña é unha nena que ten que quedar soa na casa mentres os pais van a unha reunión. Como ten algúns problemas para rematar os deberes decide investigar nun baúl onde o pai gardou moitas cousas para que non se manchasen coa pintura, pois está pintando a casa. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel. Tras as primeiras liñas empezan a pasar cousas estrañas e Rosiña e os seus amigos, o público, mergúllanse na aventura de piratas que está escrita no libro.

Máis tarde os rapaces e rapazas irán en procura da lámpada marabillosa que esqueceu un xenio en Arabia; actuarán na pista dun circo acompañados por un can pallaso e conducirán unha nave espacial por galaxias descoñecidas.

O argumento desta peza teatral convida os rapaces e rapazas a vivir grandes aventuras lendo nos libros. Ademais trátanse temas como a discriminación; o exceso de autoridade; as relacións entre pais e fillos; o compañeirismo; a importancia da imaxinación, etc.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: Infantil e familiar.
  • Xénero: Comedia.
  • Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.

Elenco:

  • Pai, pirata e can: Carlos Yus
  • Rosiña: María Campos
  • Música: canción orixinal de María Campos e Carlos Yus.
  • Escenografía: María Campos
  • Técnica de luz e son: Alba Tamara
  • Vestiario: Celsa Cabaleiro
  • Duración: 1 hora e 10 minutos.
  • Tempo de montaxe: 2 horas e 30 minutos.
  • Tempo de desmontaxe: 1 hora
  • Potencia eléctrica: 8.000 W.
  • Medidas do escenario:
    • Ancho: 6 m.
    • Altura ata o teito : 3,5 m.
    • Fondo: 3 m.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.