O misterio das meninas

O misterio das meninas

O sábado 28 de abril ás 20:00 terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra a representación da obra “O misterio das meninas”, a cargo dos rapaces e rapazas de “Á procura do tesouro”

Esta función pon remate a un dos 4 “Obradoiros de Expresión Dramática Plástica e Musical” que desenvolveu a Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra por decimoterceiro ano consecutivo coa coordinación de “Migallas Teatro” e nos que participaron un total de 150 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.

Durante 22 sesións os/as nenos/as descubriron e fomentaron os seus recursos expresivos e desenvolveron as súas capacidades creativas mediante o xogo dramático.

“O misterio das Meninas” é unha obra colectiva na que a partir de datos históricos sobre Velázquez e os personaxes retratados por el no seu famoso cadro “As Meninas”, faise unha recreación do proceso de elaboración da obra. Nesta recreación, entre realidade e comedia, danse as posibles solucións a algúns dos numerosos enigmas que rodean esta pintura.

Por outra banda, tamén se aborda o achegamento á arte como gozo e estímulo para a creación e o desenvolvemento das calidades expresivas de cada persoa sen ningún tipo de traba.

Máis información: Á procura do tesouro.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies