O incrible mundo de Barriga Verde

O incrible mundo de Barriga Verde

“O incrible mundo de Barriga Verde”, é unha creación colectiva inspirada na vida do actor titiriteiro e veciño de Lérez, Xosé Silvent.

Durante case 60 anos, desde 1905 a 1964, percorreu as festas e romarías de toda Galicia, primeiro en solitario e, despois, xunto coa súa muller, Emerenciana e os seus 8 fillos.

Xosé e mais Emerenciana foron os fundadores da primeira compañía profesional de monicreques de Galicia. Coa súa barraca “Melodías de España”, levaron a diversión a todos os recunchos do país, co gran mérito de facelo en lingua galega, nunha época en que o galego sufría unha terrible discriminación.

“O incrible mundo de Barriga Verde”, función a cargo do grupo dos martes da Aula Municipal Infantil de Teatro “Á procura do tesouro“.

Día: Sábado 26 de abril ás 18.30 h.

Lugar: Residencia de Maiores de Campolongo de Pontevedra.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.